Xperia Acro e Xperia Go: Sony apúntase aos terminais resistentes á auga

Se pensabamos que a aposta por terminais móbiles de Sony para este ano ía quedar no que coñecimos durante o pasado Mobile World Congress estabamos equivocados. Onte nova marca comercial da que fora fusión de Sony Mobile con Ericsson anunciou onte dous novos terminais de gama alta que teñen un importante punto forte: son resistentes á auga.
Xperia Acro e Xperia Go contan con certificado IP67, o que garante que son sumerxíbeis un metro de profunidade durante 30 minutos, ademais de ser resistentes a agresións de pó ou salpicaduras.
No que ten a ver co resto de características, o Xperia Acro S dispón de pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 720 x 1280 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD noutros 32 GB extra) e 1 GB de RAM. A súa cámara é de 12 MP, a batería de 1910 mAh e pesa 146 gramos.
Doutra banda, o Xperia Go ten unha pantalla de 3,5 polgadas con resolución 320 x 480 píxeles. A memoria interna é de 8 GB, tamén ampliábeis por microSD en 32 GB extra, mentres que a súa RAM é de 512 MB. O seu procesador é de 1 GHz, tamén dual core, e a cámara de 5 megapíxeles.
Ambos contarán con Ice Cream Sandwich (Android 4.0), se ben é certo que o Xperia Go non o trairá de fábrica, senón que sairá con Gingerbread (2.3) para actualizarse máis tarde.
Que vos parecen estes terminais? Credes que son interesantes as súas características?

Sobre o autor

One Response

  1. canselleiro 31 Maio, 2012 Responder

Reply