Sen embargo, esta aplicación chega chea de polémica. E é que sorprendentemente o seu uso non está permitido en terminais que teñan sido rooteados. Non se trata xa de que non funcione, senón que Google ofrece directamente o reembolso para aquelas persoas que tivesen mercado un filme a través da Play Store e se atopen con esta ingrata sorpresa ao acceder nos seus terminais
Mensaxe ao acceder desde o terminal rooteado (vía @pepedacurva) |
Como era de imaxinar, os usuarios non tardaron en puntuar negativamente a aplicación por este motivo, converténdose na ferramenta de Google menos valorada. Cabe esperar que os de Mountain View se den por aludidos e muden esta grande eiva.
Todo nos fai pensar que o lanzamento de Google Play Movies é un comezo para o desembarque da totalidade da tenda multimedia no noso país, algo que levamos agardando desde que comezamos a probar Play Music “ilegalmente”.
Podedes acceder a Play Movies desde esta ligazón.
Nome da aplicación: Google Play Movies
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: Google Inc.
Requisitos: Depende do dispositivo
Descarga: Play Store