Hope Relay: por cada kilómetro que corras Samsung doará 1 € a Aldeas Infantiles

Como saberedes, Samsung é un dos principais patrocinadores dos Xogos Olímpicos 2012 que se celebran en Londres este verán. Entre as numerosas actividades que está a levar a cabo a compañía coreana está Hope Relay, un interesante proxecto de aplicación solidaria. Vexamos un vídeo:
Como víchedes, a filosofía de Hope Relay é moi sinxela: trátase dunha aplicación pensada para correr, unha sorte de Endomondo, por dicirlo dalgún xeito. Mais facendo uso dela o fabricante comprométese a doar 1 € a Aldeas Infantiles SOS por cada kilómetro que corramos.

A aplicación ten un punto social a través do cal podemos formar equipos e enviar mensaxes de ánimo aos nosos amigos. Sen dúbida un interesante proxecto solidario nestes tempos complicados.

Nome da aplicación: Hope Relay
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: Samsung Electrónics
Requisitos: Android 2.1 ou superior
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply