O Panasonic Eluga non chegará a Europa até xullo

Onte falamos dos novos Sony resistentes á auga, pero até o pasado MWC en Mallando no Android non tivéramos oportunidade de ver un destes terminais en directo. Alo progamos o novo Eluga de Panasonic, que ademais de resistente á auga ten un deseño ultradelgado, con tan só 7,8 mm de grosor.
Como comentáramos daquela, co Eluga o fabricante Panasonic quere volver a Europa e recuperar un mercado que noutras épocas foille moi favorábel. Malia que se agardaba antes, non será até o mes de xullo cando poidamos ver a este novo bicho nas tendas do vello continente, debido a pequenos cambios na súa fabricación.
Lembremos que o Eluga conta cun procesador de 1 GHz de dobre núcleo, 8 GB de memoria interna e cámara de 8 megapíxeles. A súa pantalla é de 4,3 polgadas

Sobre o autor

Reply