O Galaxy Note 2 podería ver a luz en outubro

Malia que no MWC 2012 coñecimos a Galaxy Note 10.1 como evolución do primeiro tabletphone, da que Samsung non di nada oficialmente sobre datas de dispoñibilidade no mercado, agora chéganos información sobre a evolución dese primeiro terminal, a Galaxy Note 2.
Trátaríase dun dispositivo cunha pantalla SuperAMOLED de 5,5 polgadas e resolución 1650 x 1050 píxeles e con procesador a 1,8 GHz fabricado pola propia Samsung. A súa RAM sería de 2 GB.
O seu deseño estaría estaría inspirado no Galaxy S III, e incluiría algunhas funcionalidades deste, como S Beam, S Voice, NFC ou SmartStay. Sen embargo conservaría tamén o S-Pen, o stylus que sen dúbida caracteriza á Note.
Que vos parace esta evolución? Engadiríadeslle algunha outra funcionalidade?

Sobre o autor

Reply