Simyo e Tuenti súmanse ás 4 grandes e ofrecen tamén o Galaxy S III

Conscientes do importante que é contar cun bo portfolio de terminais que ofrecer aos seus clientes, as operadoras móbiles están a facer a súa aposta polo novo dispositivo de Samsung, seguramente sabedoras do éxito colleitado polos modelos predecesores.
Se Vodafone, Movistar, Yoigo e Orange xa contaban co Galaxy S III nos seus respectivos catálogos agora son dúas das pequenas, Simyo e Tuenti, as que se animan con el.
Así, con Simyo pódese conseguir por 542 € libre (e sen permanencia), prezo inferior ao que se pode conseguir nas tendas como TPH, se facemos portabilidade á operadora, ou por 551 € se se activa un número novo. 
Pola súa banda, con Tuenti compensa bastante menos, porque se pagan 479 € polo smarphone cunha permanencia de 24 meses que obriga a pagar, como mínimo, 18,88 €/mes (IVE incluído).
Sexa como sexa, outras 2 opcións que se suman ás xa existentes. Con cal vos quedades vós?
Máis info: Simyo – Tuenti

Sobre o autor

One Response

  1. Stow Kewoto Fume 10 Xuño, 2012 Responder

Reply