Facebook actualízase e lanza o novo App Center

A aplicación oficial de Facebook vén de recibir unha nova actualización que incorpora un servizo anunciado por Mark Zuckerberg hai xa algún tempo: o App Center.
Tratase dunha sorte de tenda de aplicacións nas que podemos atopar unha chea de ferramentas que en certa maneira están vencelladas a Facebook, por exemplo aquelas que empregan a nosa conta na rede social para loguearnos.
Como podedes ver na captura de pantalla anterior, App Center organízase por categorías, como xogos, entretemento, Facebook, estilo de vida, música, novas, fotos e vídeos, deportes, viaxes e utilidades. Dentro de cada unha desas seccións podemos ver, calificar e enviar ao noso teléfono as aplicacións que nos interesen.
Que vos parece este novo servizo da rede social? Védelo útil ou preferides apostar pola Play Store?

Máis info: App Center

Sobre o autor

Reply