Conducir pode ser todo un pracer ou unha desesperación se nos atopamos con factores que dificultan a circulación, como retencións, accidentes ou xeo na calzada.
Se sodes dos que empregades o voso terminal mentres conducides (como asistente, non rollo cafre 😉 ) gustaravos CAV Traffic, unha nova aplicación que informa en tempo real de todas esas incidencias desagradábeis que nos podemos atopar na estrada, así como tamén dos radares de tráfico. Toda esta información cóllea directamente da base de datos da DGT.
O funcionamento da aplicación é moi intuitivo, e tras unhas breves configuracións (por exemplo, do modo de aviso), estaremos listos para empregala. Neste sentido, dispón ademais de 3 modos de traballar:
- Listado: nel van aparecendo todas as incidencias rexistradas nuna listaxe.
- Mapa: veremos sobre o mapa a situación das incidencias e dos radares.
- Navegación: o máis intuitívo, que segundo nos imos desprazando vai amosando as diferentes incidencias que hai no camiño.
Nome da aplicación: CAV Traffic
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: MobAndMe
Requisitos: Android 2.1 ou superior.
Descarga: Play Store
Vaia, hai de todo xa.. Esta aplicación Vaime vir moi ben para as viaxes longas
Vaia, hai de todo xa.. Esta aplicación Vaime vir moi ben para as viaxes longas