O LG Optimus 4X chega por fin a Europa

Tiñamos ganas de recibir en Europa á gran aposta de LG para este ano 2012, o LG Optimus 4X. Trátase dun terminal que conta con pantalla de 4,7 polgadas e tecnoloxía True HD IPS de 720p e un procesador Nvidia Tegra 3.
A súa cámara é de 8 megapíxeles e permite a gravación de vídeo a 1080p. Vén equipado con Android 4.0 (Ice Cream Sandwich) e a interface Optimus UI 3.0 do propio fabricante. Destaca ademais a súa batería, de 2150 mAh, bastante superior a outros dispositivos da súa gama.
A chegada do Optimus 4X producirase este mesmo mes de xuño en 11 países europeos, comezando por Alemaña.

Sobre o autor

Reply