O Padfone conta cunha pantalla de 4,3 polgadas, que xa trae de fábrica a última versión de Android, Ice Cream Sandwich. O seu procesador é de 1,5 GHz, e a cámara traseira de 8 megapíxeles (a frontal é VGA). Dispón e 1 GB de RAM e 16 GB para almacenaxe interno. Ademais Asus ofrece 32 GB extra na súa “nube”, gratuitamente durante 3 anos.
Ao acoplalo na Padfone Station transfórmase nunha tablet de 10,1 polgadas. Pero non pensedes que a transición é complicada e que simplemente amplía a pantalla: se, por exemplo, estamos escribindo un correo electrónico e intruducimos o Padfone na Station, axústase a pantalla amosando a versión tablet de Gmail. Ademais a Padfone Station conta cunha batería extra, que otorga 63 horas máis de autonomía.
As vantaxes deste revolucionario invento son diversas, quizais unha das máis importantes que evita que carguemos con moitos aparellos se usamos o máis grande, ou que se emprega unha única tarxeta SIM, polo que non hai que ter outra adicada para a tablet, cos custos en datos que ofrece.
Que vos parece este revolucionario invento?