Se usades Foursquare de seguro que algunha vez a aplicación oficial resultouvos excesivamente lenta, sobre todo cando andades con présa e o único que queredes é facer check-in, sen pararase a curiosear por onde andan os vosos contactos.
Para ese tipo de momentos resultan altamente interesantes aplicacións como Simple Checkin, que ao abrila xa nos amosa os lugares próximos á nosa ubicación e, con tan só clicar nun deles xa estaremos facendo check-in, sen opcións de subir foto nin nada. Vamos, un check-in simple, que ao fin e ao cabo era o que se buscaba.
Nome da aplicación: Simple Checkin
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: MRrathbone
Requisitos: Android 2.1 ou superior
Descarga: Play Store