Con nocturnidade. Así apareceu dispoñíbel a tenda de libros de Google en España, ou o que é o mesmo: Play Books. Deste xeito, os de Mountain View continúan a expansión da Play Store, que se nun principio só estaba pensada para as aplicacións de Android, pouco a pouco se vai enchendo de contidos coa chegada de Movies e agora Books. Malia todo aínda falta a “estrela” da casa, Music, que segundo parece estaría a caer.
En Books podemos atopar polo de agora poucos títulos, aínda que algún xa aparece na nosa galería de xeito gratuíto, como Frankenstein. Entre os títulos que se poden mercar temos “Luna comanche”, “La rubia de hormigón” ou “El anillo de los Borgia”. Se ben é certo que o catálogo non é aínda moi numeroso No catálogo, que conta con máis de 100.000 títulos, podemos ver que os prezos oscilan entre os 14,22 € do máis caro a 2,84 do máis barato (obviando os gratuítos, claro está).
Ao entrar nun título en concreto, ademais de abrírsenos a posibilidade de mercalo, poderemos acceder á vista previa con algunha páxina dispoñíbel para a lectura, ademais de ter a descrición, información do autor e outra información como o número de páxinas, a data de publicación ou libros relacionados.