Galicia Viva, unha aplicación sobre os espazos protexidos do noso país

Da man dun desenvolvedor galego chega unha aplicación que axudará a coñecérmonos os rincóns protexidos do noso país, Galicia Viva.
Grazas a ela poderemos ter no noso peto información práctica sobre 14 parques naturais que temos ao longo da nosa xeografía, na que se inclúe a fauna e a flora, os teléfonos de contacto dos parques ou a posibilidade de habilitar Google Maps para que nos guíe até os mesmos.
No caso de que os centros teñan hora de visita ou sexa preciso facer reserva de cita, tamén se indica na información. Sen lugar a dúbidas, trátase dunha ferramenta básica interesante para ter a man cando fagamos turisteo pola nosa terra.

Nome da aplicación: Galicia Viva
Prezo: Gratuíta / 0,79 € (sen publi)
Desenvolvedor: Manu Suárez
Requisitos: Android 2.1 ou superior
Descarga: Play Store gratuíta / de pago

Sobre o autor

Reply