Samsung prepara, por fin, a actualización masiva das súas tablets a ICS para xullo

Samsung é sen dúbidas un dos fabricantes máis punteiros e innovadores do panorama Android. Sen embargo, un aspecto moi criticábel é a súa política de actualizacións para con Ice Cream Sandwich. Lentas (agás para o SGS II), incumprindo prazos previstos, deixando fóra a terminais que por hardware poderían soportalo…
Agora parece que por fin chegará Ice Cream Sandwich ás súas tablets, a través dunha actualización masiva que terá lugar entre os meses de xullo e agosto, que tamén engadirá melloras en aspectos como a velocidade de sistema ou unha mellor xestión da batería.
Os modelos que se actualizarán serán:
  • Galaxy Tab 10.1 WiFi
  • Galaxy Tab 10.1 WiFi + 3G
  • Galaxy Tab 8.9 WiFi
  • Galaxy Tab 8.9 WiFi +3G
  • Galaxy Tab 7.7 WiFi
  • Galaxy Tab 7.7 WiFi +3G
  • Galaxy Tab 7.0 Plus WiFi
  • Galaxy Tab 7.0 Plus WiFi +3G

Sobre o autor

Reply