LG presenta o seu sistema de control por voz… e Google estaría preparando un para Android

O efecto Siri, volve ser noticia en Android. Se Samsung presentou co Galaxy S III a súa ferramenta S-Voice, agora é LG quen acaba de presentar en Corea LG Quick Voice, que permite comunicarse mediante o uso da voz cos terminais de LG.
O primeiro terminal que contará con esta ferramenta será o LG Optimus Vu, a finais deste mesmo mes de xuño. Se vén é certo, non sabemos cando se fará efectiva a súa expansión a outros territorios e linguas.
Doutra banda, nos últimos días están a crecer os rumores sobre Assistant, o servizo de control por voz que estaría a desarrollar (e a piques de presentar) Google para aplicarllo a toda a gama Android.
Ambas son moi boas noticias, como mostra de que podemos ir moito máis aló coa tecnoloxía e que esta nos axude a facer as cousas dun xeito moito máis sinxelo. A cuestión é: ten sentido que os fabricantes que empregan Android traballen nun asistente de voz e Google noutro xenérico para Android? Que opinades?

Sobre o autor

Reply