Wolder presenta novas tabets ICS para o verán

O fabricante Wolder volve a dar que falar presentando 3 novas tablets que se suman ao seu portfolio, todas elas con Ice Cream Sandwich. Trátase das miTab AIR, miTab Urban e miTab Hero.

Os 3 modelos dispoñen de pantalla LCD de alta sensibilidade de 7 ou 8 polgadas (segundo modelo),  cámara frontal unicamente, procesadores de 1 GHz Cortex A8 e conectividade unicamente WiFi. Urban e Hero contan cun procesador gráfico que permite unha maior fluídez nos xogos, así como tamén con saída HDMI para conexión con televisores en alta definición.

Ao longo deste mes estarán dispoñíbeis no noso país en cor negro, a uns prezos moi competitivos: 119 € a Urban, 129 € a Air e 139 € a Hero

Sobre o autor

Reply