Apúntate ao Google I/O Extended en Vigo

Como xa comentamos no blogue, desde o mércores 27 ao venres 30 celébrase en San Francisco o Google I/O 2012, o evento de Google con dessenvolvedores no que se presentan novidades sobre Android. A máis agardada deste ano é, con moitas probabilidades, Jelly Bean, a nova versión de Android, que segundo unha filtración que xa avanzamos hai uns días polo noso Twitter (@mallandroid), viría a ser a versión 4.1 e non a 5.0.
O Google Developed Group Vigo (GDG Vigo) organiza en paralelo a sesión Google I/O Extended, na que se retransmitirán en streaming as principais ponencias e se levarán a cabo unha serie de actividades en paralelo con San Francisco.
Será a partir do mércores 27 ás 17 horas nas oficinas de Obra Social Novacaixagalicia en Vigo (Policarpo Sanz, 24). O evento é gratuíto, pero hai aforo limitado (30 persoas) e hai que apuntarse nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply