Confirmado: mañá veremos Jelly Bean (Android 4.1)

O I/O 2012 que comeza mañá en San Francisco, no que veremos as grandes novidades de Google, entre as que estaría a Nexus 7 (coñecida informalmente como Nexus Tab), xa ten a primeira confirmación: Jelly Bean.
Como sabedes, Jelly Bean é a nova versión de Android, que será a 4.1, a seguinte a Ice Cream Sandwich. Pouco ou nada se sabe sobre as novidades que Jelly Bean traerá para Android, aínda que certos rumores apuntan a un “Siri” mellorado como principal punto forte.
Sexa como for, a confirmación de que mañá veremos Jelly Bean chega da propia Google, que vén de poñer no Googleplex a estatua dos carameliños 🙂
Nós xa estamos ansiosos por coñecer as novidades que ten gardadas Google, e vós?

Sobre o autor

Reply