Xperia Ion: chega ao noso país en setembro

Sony deu a coñecer no mes de xaneiro o Xperia Ion, un terminal 4G que se ía comercializar en exclusiva coa operadora americana AT&T. Non sabemos por que, pero o caso é que o fabricante acaba de anunciar o lanzamento deste terminal no noso país, adaptado ás nosas redes 3G, para o vindeiro mes de setembro.
O Xperia Ion é un terminal con pantalla de 4,6 polgadas e tecnoloxía HD con Mobile BRAVIA de alta resolución (1280 x 720). O seu procesador, de dobre núcleo, é de 1,5 GHz, e dispón de 16 GB de almacenaxe en memoria interna. Conta ademais con dobre cámara, a traseira de 12 megapíxeles e equipada da tecnoloxía Sony Exmor R. 

Non sabemos os prezos cos que sairá ao mercado, pero si que no momento de comercializarse disporá de Ice Cream Sandwich (Android 4.0).

Sobre o autor

Reply