Google presenta a Nexus 7, a súa tablet oficial por 199 $

Malia que xa se coñecían moitas das súas características a partires das filtracións que foron xurdindo, hoxe fíxose oficial: Google incorpora unha tablet á saga Nexus, até o de agora restrinxida a smartphones (Nexus One, Nexus S e Galaxy Nexus), a Nexus 7.

Cunha pantalla IPS de 7 polgadas con resolución 1280 x 720, a Nexus 7 dispón de procesador Nvidia Tegra 3 a 1,3 GHz e con 1 GB de RAM. 
Pode sorprender que unicamente conte con cámara frontal, de 1,2 megapíxeles. Pero a razón é bastante obvia: a cámara traseira dunha tablet úsase pouco ou nada, e a cambio permite un gran aforro no custe do produto.

A batería dálle 9 horas de uso, conta coa nova versión de Android, Jelly Bean (4.1), e está dispoñíbel en dúas versións: 8 e 16 GBs.
Pero sen dúbida o mellor de todo é o prezo, xa que a versión de 8 GB custará só 199 $, mentres que a de 16 GBs chegará aos 249 $. Xa se pode mercar, iso sí, só nas Play Store de USA, Canadá, Reino Unido e Australia (polo de agora)
Que vos parece este novo dispositivo? Será por fin o fito que faga a Google posicionarse tamén no mundo das tablets?

Sobre o autor

Reply