Máis sobre Nexus Q: fotos, prezo e funcionalidades.

Hai unhas horas presentámosvos Nexus Q, a nova aposta de Google polo ocio dixital. Trátase dunha bóla mutlimedia que cun diámetro de 116 mm e 923 gramos de peso agocha un procesador de dobre núcleo, 16 GB de memoria interna e Android Ice Cream Sandwich como sistema operativo.
Conta con conexións micro HDMI, óptico, ethernet, micro USB e banana jack para audio, ademais de conexión WiFi, Bluetooth e NFC.
O funcionamento é moi sinxelo: a partir do noso terminal ou tablet Android poderemos xestionar que queremos que se reproduza na nosa casa: música, filmes, vídeos de Youtube… vamos, calquera contido do centro de ocio Play @ Home, que é como Google chama aos servizos de entretemento multimedia.
Pero ademais ten un compoñente social, de tal xeito que se os nosos amigos nos veñen a ver nunha festa, poden engadir a súa música de Play a unha listaxe colaborativa, por exemplo achegando o seu terminal NFC. Acabouse o cargar con cds, mp3, pinchos ou outras memorias portátiles: todo na nube, todo en Android, todo en Play.

O peor quizais sexa o prezo, 299 dólares, e que polo de agora só está dispoñíbel nos Estados Unidos.

Máis info

Sobre o autor

Reply