Xculpture, aplicación e rede social para levar control da rutina do ximnasio

Xa temos falado algunha que outra vez de aplicacións para facer deporte e levar o control das nosas rutinas deportivas. Hoxe queremos presentarvos Xculpture, unha ferramenta que até hai pouco só estaba dispoñíbel para iOS e que agora chega a Android.
Con Xculpture poderemos levar control da nosa rutina no ximnasio, gardando os resultados dos nosos entrenamentos, que se sincronizarán de xeito automático coa nosa conta na web, http://www.xculpture.com/
Pero ademais de controlar o que facemos tamén poderemos buscar novos exercicios, visualizar vídeos para facelos correctamente e coñecer que músculos se exercitan en cada un deles. Ademais, tamén atoparemos centos de rutinas de entrenamento categorizadas por duración e dificultade para que sexa máis doado atopar a que nos interese.
A sección Evolog é a máis persoal, onde gardaremos información sobre o noso peso, cronometración das sesións de traballo ou o rexistro con todos os progresos realizados.
Máis info: web
Nome da aplicación: Xculpture
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: Xculpture Labs SL
Requisitos: Depende do terminal
Descarga: Play Store

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 29 Xuño, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a Iago Varela Martínez Cancelar a resposta