Vita, o "Siri" en español para todos os androides

Mentres se fala de que os diferentes fabricantes que empregan Android están a traballar en ferramentas propias de control por voz, así como tamén a propia Google, debemos saber que existen na Play Store diferentes ferramentas coas que poderemos ter un completo control do noso terminal con voz.
Quizais unha das mellores sexa Vita, unha aplicación que a día de hoxe aínda fica en fase beta, pero que traballa moi ben. Iso si, so admite introdución por voz en español.
A Vita podemos preguntarlle cousas típicas como o tempo ou a hora en calquera lugar, activar e desactivar WiFi ou alarma, pedirlle que resolva operacións matemáticas sinxelas ou actualizar o estado nas nosas redes sociais, entre outras moitas cousas, algunhas ben curiosas e absurdas, como pedir que che conte un chiste.

Se vos interesan este tipo de solucións, animámosvos a qeu a probedes e nos contedes que vos parece
Nome da aplicación: Vita (Beta)
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: AriDev Mobile
Requisitos: Android 2.1 ou superior
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply