Google estaría traballando xa nunha tablet Nexus 10

A semana pasada coñecimos a aposta de Google polo mundo das tablets co lanzamento de Nexus 7, o primeiro dispositivo destas características que leva o selo Nexus que diferencia aos dispositivos pure Google.
Semella que o obxectivo do buscador non é quedarse nesa tablet, senón tamén apostar polo outro tamaño “estándar” neste tipo de dispositivos: as 10 polgadas. Neste sentido, empresas como AU Optronics e Wintek estarían xa fabricando as pantallas, polo que o seu lanzamento podería suporse para despois do verán (coincidindo coa presentación do novo smartphone Nexus?).
E a vós cal é o tamaño de tablet que máis vos gusta?

Sobre o autor

One Response

  1. dorfun 4 Xullo, 2012 Responder

Reply