S-Health: Samsung fai do teu smartphone un centro médico

Xa sabemos que levamos nos nosos petos un dispositivos capaces de facer milleiros de cousas, aínda que moitas veces non lle sacamos nin de lonxe todo o partido que poderíamos.
Samsung parece que está disposta a mudar isto e vén de presentar un completo kit, chamado S Health, grazas ao cal poderemos levar a cabo certos controis sobre a nosa saúde. Entre outras cousas pódese achar o nível de glucosa, a presión sanguínea ou mesmo a graxa corporal.
Polo de agora non se sabe canto van custar estes periféricos, nin tampouco unha data aproximada para a súa comercialización no noso país.
Credes que este tipo de periféricos aportan un plus aos nosos smartphones?

Sobre o autor

Reply