Blingboard, un widget para dominalas a todas (as notificacións)

Non cabe dúbida de que unha das mellores cousas de Android son os widgets, esas cousiñas que podemos colocar nas pantallas principais dos nosos smartphones ou tablets e que nos facilitan moito as cousas á hora de visualizar eventos, ou acceder a aplicacións.
Pero todas e todos sabemos que o espazo é limitado e non podemos ter un widget para cada cousa que queremos. Por iso xurden aplicacións que nos facilitan iso, unificando nun só lugar varias cousas. Un exemplo delas é Blingboard, que nos permite ter as notificacións de chamadas, sms, correo electrónico, Facebook e Twitter nun único lugar.
Todo iso cunha interface de usuario moi sinxela e tras unhas configuracións mínimas, nas que podemos elixir aspectos como o intervalo de actualización de cada un dos servizos.
Blingboard é pois unha ferramenta perfecta para optimizar o espazo nas nosas pantallas. Ademais é unha aplicación totalmente gratuíta e que está dispoñíbel en Google Play para dispositivos con Android 2.2 e superior

Sobre o autor

Reply