CyanogenMod pensa xa en Jelly Bean

O equipo de Cyanogen, que son os encargados do desenvolvemento dunha das ROMs máis coñecidas do panorama Android, emitiu un comunicado a través da súa páxina en G+ onde quere aclarar que pensan facer ante a saída da nova versión do SO de Google.
Primeiro de todo, aclaran que non poden asegurar nada, posto que inda non dispoñen do código fonte de Jelly Bean. Tras está puntualización comentan varios puntos.
O nome que lle darán á nova versión será CM10 e non CM9.1, pola sencilla razón de que a (J)elly é a décima letra do abecedario. Ademáis, aseguran que non deberían ter problemas en implementar ‘Project Butter’
Por último, aclaran que o seu principal obxectivo é lanzar unha versión estable de CM9, que está ao caer, e logo porse a traballar con CM10. Según eles, todos os dispositivos que soporten CM9 soportarán seguramente CM10. Unha moi boa noiticia para aqueles aos que os grandes fabricantes deixaron tirados en Gingerbread escusándose en problemas de hardware para soportar novas versións.

Sobre o autor

Reply