Liberado o código de Android 4.1, Jelly Bean

Como vén sendo habitual, despois de presentar unha nova versión de Android Google publica o código fonte do mesmo. Isto permite que os desenvolvedores poidan comezar a traballar elaborando ROMs baseadas na última versión de Android.
Parello a isto, tamén podemos atopar os binarios correspondentes aos drivers de Jelly Bean para o Galaxy Nexus e a Nexus 7, e se espera que para o resto de terminais Nexus estén dispoñíbeis ao longo do mes, segundo vaian saíndo as actualizacións oficiais.
Tal e como avanzou Google na keynote, a OTA para os Galaxy Nexus, Nexus S e Motorola Xoom debería chegar este mesmo mes de xullo.
Descarga: código fonte
Descarga: binarios

Sobre o autor

Reply