Instamap, a aplicación que che amosa imaxes de Instagram de onde ti queiras

Sen dúbidas a chegada de Instagram a Android foi todo un acontecemento e moitos andamos a sacar imaxes para subilas, previo filtrado, a dita rede social. Parella a ela xurdiron outro tipo de aplicacións que lle sacan aínda máis partido á mesma, como é o caso de Instamap.

Basicamente Instamap é unha ferramenta que nos permite descubrir imaxes dunha zona determinada, por defecto a do concello no que nos atopemos. 
Tamén dispón de “modo voo”, no que salta aleatoriamente a un lugar do Globo Terráqueo para amosarnos as imaxes que se subiron a Instagram por aló, ou un cadro de busca para que elixamos onde queremos buscar.
Pódese traballar coa aplicación sen ter conta de Instagram, ou sen tela vencellada, pero iso impediranos que poidamos comentar,”facer like” nas imaxes ou comezar a seguir ao usuario que subiu a foto.

Sen lugar a dúbidas  trátase dunha ferramenta moi interesante para descubrir novos usuarios aos que seguir na rede social de fotografía máis de moda.
Nome da aplicación: Instamap
Prezo: Gratuíta (con publicidade) / 1 € (sen publicidade)
Desenvolvedor: Rocket Developer
Requisitos: Android 2.2 ou superior
Descarga: Play Store: Versión gratuíta / Versión de pago

Sobre o autor

Reply