Jelly Bean xa está aquí: comezan a actualizarse os Galaxy Nexus

Parece que Google quere comezar a facer as cousas ben no tema de actualizacións e empeza por cumprir as datas. Así, os Galaxy Nexus e a nova tablet Nexus 7 están a recibir xa a versión 4.1.1 de Jelly Bean, que no caso da tablet inclúe algunha solución de bugs.
A actualización é vía OTA, chegando nun primeiro momento aos Galaxy Nexus libres, así que os que os mercáchedes a través de Vodafone teredes que agardar un pouco máis.
Os Nexus S e as Motorola Xoom serán os seguintes dispositivos en actualizar.

Sobre o autor

Reply