Samsung anuncia a dispoñibilidade da(s) Galaxy Tab(s) 2 no noso páis. Con cal quedas ti?

Samsung vén de facer oficial o lanzamento da Galaxy Tab 2 no noso país, aínda que segurante o máis acaído sería falar “das”, en plural, porque a evolución das tablets da compañía coreana conta con diferentes modelos e versións.
Sen lugar a dúbidas a diferenza máis significativa é o tamaño da pantalla, habendo unha versión de 7 polgadas e resolución 1024×600 píxeles e outra de 10.1 e resolución 1280×800. Moi ligado a isto, as baterías que lles dan vida tamén difiren: 4000 mAh na versión de 7 e 7000 mAh na de 10.1 polgadas.

Polo demais o hardware é semellante, con procesador de dobre núcleo a 1 GHz, Ice Cream Sandwich (Android 4.0) como sistema operativo desde o momento do lanzamento e a función teléfono, que se ben é certo non é algo que se vaia usar moito nunha tablet, non está de máis telo.
Poderanse escoller diversas combinacións atendendo á conectividade (WiFi ou WiFi+3G), ao tamaño da memoria interna (8 ou 16 GB na versión de 7 polgadas e 16 ou 32 GB na de 10.1) ou á cor (branco ou negro). En canto a prezos, quedan como segue:
  • 10,1 polgadas. WiFi. 16 GB: 349 €
  • 10,1 polgadas. WiFi. 32 GB: 399 €
  • 10,1 polgadas. WiFi + 3G. 16 GB: 439 €
  • 10,1 polgadas. WiFi + 3G. 32 GB: 499 €
  • 7 polgadas. WiFi. 8 GB: 249 €
  • 7 polgadas. WiFi. 16 GB: 269 €
  • 7 polgadas. WiFi + 3G. 8 GB: 339 €
  • 7 polgadas. WiFi + 3G. 16 GB: 349 €
Cal é para vós a combinación ideal de tamaño, cor e memoria interna?

Sobre o autor

Reply