Pode haber Jelly Bean para a gama media: ZTE actualiza o N880E

Semella que moitas veces as actualizacións de Android quedan restrinxidas á gama alta (en ocasións nin iso), sen embargo ZTE vén de dar un golpe na mesa anunciando a actualización á nova versión do sistema operativo de Android para un dos seus terminais de gama media, o N880E.
Trátase dun dispositivo que ten un procesador fabricado por Qualcomm a 1 GHz, pantalla de 4 polgadas con resolución 480 x 800 e 512 MB de RAM.
Con esta actualización convírtese no primeiro dispositivo, fóra da gama Nexus, en recibir Jelly Bean. Agardemos que o resto de fabricantes sexan capaces de poñerse as pilas e vexamos a 4.1 cada vez en máis terminais.

Sobre o autor

Reply