Unha das cousas que máis chamou a atención na presentación do Nexus 7 foi a ausencia de cámara traseira. Agora, case un mes despois da presentación da primeira tablet baixo o amparo de Google, a empresa encargada da súa fabricación, ASUS, foi interrogada ao respecto.
Polo visto, o único motivo causante da ausencia de cámara foi unha cuestión de prezos. Como explicaron nunha breve nota con diversas preguntas e respostas, o principal obxectivo era manter un prezo competitivo para facilitarlle o acceso a un maior número de usuarios. Tendo eso en conta, desde a compañía taiwanesa valoraron que engadirlle unha cámara de alta calidade significaría un aumento considerable no prezo final, mentres que unha versión de baixa calidade empeoraría a experiencia do usuario.
Particularmente, eu era dos que cuestionaban a utilidade dunha cámara traseira nunha tablet. Sigo mantendo que empregala para fotografías é absurdo, pero para aplicacións relacionadas con realidade aumentada ou semellantes resulta extremadamente útil. Vos que pensades?
Vía Slash Gear
Imaxe Droid Life