A compañía coreana Samsung, líder indiscutible no mercado Android grazas á súa gama Galaxy vén de anunciar un novo evento para o próximo 15 de agosto. No texto, enviado aos medios de comunicación máis importantes, fálase da presentación dun novo Galaxy, pero non se dan máis detalles.
As apostas falan dun sucesor do Note ou, o que semella máis razoable, da tablet Galaxy Note 10.1, da que non se volveron a ter novas dende o MWC deste ano. O que case se da por feito e que terá que ver, salvo sorpresa, cós Note, sexa smartphone ou sexa tablet.
Recordemos que esta tablet que amosaran aló polo mes de marzo tiña unhas características moi moi semellantes á Galaxy Tab 10.1, pero có engadido de contar cunha stylus, o S-Pen.
A volta dos stylus é un tema que xera discusión. Vos que credes? Védeslle utilidade ou pensades que as tablets non están pensadas para traballar co lapis?
Vía Engadget
Imaxe Slash Gear
O do Stylus é “caralludo”, sempre que funcione mínamente ben. Teño un Note, e coas actualizacións foi mellorando a súa resposta. No meu caso o Note utilízoo para facer pequenas medicións, e o feito de ter unha maior pantalla permitiríame traballar con moita máis comodidade.
Eu penso que máis que culpa do Stylus é culpa das pantallas, que teñen un tempo de resposta un pouco lento dependendo de para que usos.