A Galaxy Tab 10.1 comeza a recibir ICS en UK e Italia

Semella que por fin temos novas reais da chegada de Ice Cream Sandwich para a Galaxy Tab 10.1, e é que segundo están a reportar os usuarios de Reino Unido e Italia a actualización xa está chegando aos seus dispositivos.
Polo de agora están a recibir a actualización as tablets con versión WiFi do Reino Unido e as de versión WiFi+3G de Italia, na que tamén se inclúe unha versión da capa TouchWiz de Samsung actualizada, moi semellante (?igual?) á que se atopa na Galaxy Tab 2, de características técnicas semellantes.

Agardemos pois que a actualización chegue axiña ao noso país, pois xa vai sendo hora.

Sobre o autor

Reply