ZTE lanza dous novos terminais: Kiss e Grand X

O fabricante ZTE vén de anunciar o lanzamento no Reino Unido de dous novos smartphones, Kiss e Grand X, que chegarán ao noso país uns meses despois, a comezos de outono.
ZTE Kiss
O ZTE Kiss conta cunha pantalla de 3,5 polgadas, procesador de 800 MHz e cámara de 3,2 megapíxeles. Está pensado como un terminal de entrada, é dicir, para aqueles usuarios que se queren achegar timidamente ao mundo dos smartphones; de feito, o seu prezo en Reino Unido ronda os 60 €.
ZTE Grand X
Doutra banda, o Grand X é un terminal desenvolto pensando nun público máis xogón. Del destaca o seu procesador de dobre núcleo NVIDIA Tegra 2 e unha tarxeta gráfica orientada ao mundo dos videoxogos máis potentes. A súa pantalla é de 4,3 polgadas, a cámara de 5 megapíxeles (tamén ten unha cámara frontal VGA) e corre Ice Cream Sandwich (4.0).

Sobre o autor

Reply