Sony vén de facer públicas fotos de calidade da tablet que presentará na IFA 2012, a feira que terá lugar a comezos de setembro en Berlín e da que xa coñecemos algúns detalles que se foron filtrando:
- Pantalla de 9,4 polgadas e resolución de 1280 x 800 píxeles
- 8,8 milimetros de grosor
- Procesador Nvidia Tegra 3
- Memoria interna: modelos de 16, 32 e 64 GB
- Versión WiFi+3G
- 6000 mAh de batería
Nas imaxes pódese apreciar como Sony conserva a curvatura que nos lembra a un xornal dobrado, como na anterior Tablet S, aínda que desta vez menos esaxerado.