Google Voice Search xa fala galego

Tal e como avanzamos o venres no noso Twitter, grazas á última actualización, unha das aplicacións que máis deu que falar, e nunca mellor dito, no eido da compañía californiana acaba de engadir o soporte de 13 novos idiomas, entre eles o galego, o catalán e o euskera. Con esta nova versión, sopórtanse xa 42 idiomas diferentes.
Recordemos que esta aplicación está dispoñible na tenda de aplicacións unicamente para dispositivos con Android 2.2 ou superior. Para establecer o galego como idioma de uso teremos que facelo de xeito manual na correspondente sección do menú de axustes.

Sobre o autor

Reply