Duck: a aplicación para saltarse a publicidade na TV

Recoñezámolo: a meirande parte da xente odia as pausas publicitarias. Somos poucos (inclúome) os que disfrutamos de ver anuncios (bos, non o-típico-anuncio-de-Fairy), aínda que non cando cortan un programa, filme ou o que sexa que esteamos a ver.
Grazas a Duck poderemos adicar o tempo da publicidade a facer o que nos dea a gana, porque esta aplicación avisaranos de cando remata a pausa publicitaria.
Polo de agora é compatíbel con Antena 3, Cuatro, Telecinco, La Sexta, La 7, Neox, Nova, Nitro, La Sexta Cine, Energy, FDF e Divinity, aínda que segundo aseguran os creadores iranse sumando novas canles en próximas actualizacións.
Nome da aplicación: Duck, el cazador de anuncios
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: Lorem Solutions
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply