Tras varios rumores chega a información confirmada polo fabricante nipón sobre o seu novo terminal, o Xperia SL, que previsibelmente será presentado na feira IFA de Berlín o mes que vén.
Así, o novo dispositivo de Sony segue a liña estética da familia, como o S, U e P, pero neste caso cunha pantalla de 4,3 polgadas, 32 GB de memoria interna (1 GB de RAM), dobre cámara (12 e 1,3 MP) e un procesador de dobre núcleo a 1,7 GHz.
Como sistema operativo traerá Ice Cream Sandwich (4.0.4), aínda que con toda seguridade será actualizábel a Jelly Bean (4.1). En canto a prezos, aínda é cedo para aventurarnos, pero andará arredor dos 500-600 euros.