Blusens lanza Pachá, unha tablet ICS de 7 polgadas con contidos exclusivos

A galega Blu:sens vén de anunciar o lanzamento dunha nova tablet baseada no sistema operativo Android, ofrecendo ademais contidos exclusivos para os seus usuarios como principal factor diferencial.
Así, a nova Blu:sens Pacha ten unha pantalla de 7 polgadas, 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD até 32 GB), procesador Cortex A8 a 1 GHz, conector HDMI e WiFi.
Conta con Ice Cream Sandwich (4.0) como versión do sistema operativo Android e trae precargados os contidos Pacha Recording, nos que se inclúen sesións de DJ’s, vídeos e imaxes exclusivas.
Comercialízase en vermello e cunha funda a xogo  por 149 €. Pódese mercar en tendas físicas ou a través de http://store.blusens.com Ademais, en setembro está previsto o lanzamento dunha nova versión da tablet Pachá, con novas características e pantalla de 9,7 polgadas. 

Sobre o autor

Reply