R lanza (en probas) aplicación para wifi_clientes_R. Explicámosche como configurala

[Actualización 22/06/2015] R lanzou unha nova versión da wificlientesR, simplificado o modo de conexión, multiplicando os puntos de acceso e aumentando a capacidade. Pódense consultar as novidades neste outro artigo.

R vén de lanzar a súa primeira aplicación para Android, wifi_clientes_R, unha ferramenta que simplifica as tarefas de conexión á rede WiFi privada máis extensa que hai dispoñíbel a día de hoxe en Galiza, dado que este servizo é exclusivo para as clientas da operadora galega de cable.

Porén, para poder empregar esta aplicación é preciso instalar unha segunda app, usuario servicios R. Nesta teremos que introducir os nosos datos de clientes, de tal forma que unha vez metidos xa non teremos que volver a facelo para próximas apps que faga a operadora nun futuro.

wifi_clientes_r

O funcionamento desta aplicación, usuario servicios R, non é tan inmediato como outras, polo que cremos que é precisa unha pequena explicación. Unha vez descargada e instalada veredes que non aparece na listaxe de apps do menú do noso móbil. Para entrar nos datos de configuración teremos que ir ao menú de Axustes > Contas e sincronización e aló seleccionar “usuario servicios R” (no caso de non aparecer debemos clicar en “Engadir conta”).

Ao entrar pediranos intorducir os datos de acceso, que son os mesmos cos que accedemos á web de clientes (pódese ser usuario delegado) e o tempo de caducidade (cando queremos que nos vovla pedir os datos de acceso).

Feita esta configuración, ao instalar wifi_clientes_R xa non teremos que loguearnos de novo. A aplicación é moi sinxela e basicamente ten catro opcións:

  • Atopar redes: nela amósase un mapa ou unha listaxe cos puntos de wifi_clientes_R máis próximos, e tamén temos a posibilidade de os buscar.
  • Configurar: aquí poderemos mudar o idioma ou a opción de autoconexión ao atopar unha WiFi.
  • Info conexión: información dos tempos de conexión empregados e dispoñíbeis.
  • Axuda: obvio, non?

 

Podedes descargar a aplicación usuario servicios R desde esta ligazón e wifi_clientes_R desde esta outra. [desde que se actualizou wificlientesR xestiónase todo desde a app de usuario]

Sobre o autor

One Response

  1. noni 11 Setembro, 2012 Responder

Reply