O Galaxy Ace II incorpórase ao catálogo de R

O Galaxy Ace II vén de incorporarse ao catálogo de móbiles da operadora galega R. Trátase dun terminal fabricado por Samsung para un público que busca un dispositivo de características máis ca aceptábeis dentro do que denominamos gama media.
O seu procesador é de dobre núcleo a 800 MHz, mentres que a súa pantalla chega ás 3,8 polgadas. A capacidade interna acada os 4 GB (ampliábeis con microSD até en 32 GBs extra), en tanto que a RAM é de 768 MB. A cámara é de 5 megapíxeles con gravación de vídeo a 720p e vén con Gingerbread (2.3), posibelmente non actualizábel a versións posteriores de Android. 
En canto a prezos, na seguinte táboa podedes consultar en canto quedaría segundo a tarifa seleccionada

Máis info

Sobre o autor

Reply