Skydrive, o disco duro de Microsoft, lanza aplicación oficial Android

A guerra dos discos duros virtuais non fai máis que recrudecerse, o que resulta positivo para os usuarios, que podemos empregar un ou outro para diferentes usos ou simplemente para ter máis espazo global.


Skydrive, a aposta de Microsoft, ofrece a priori 7 GB gratuítos (25 para os usuarios máis veteranos de Hotmail), que son ampliábeis a través de diferentes opcións de pagamento. Agora vén de chegar a aplicación oficial para Android que nos permite cun sinxelo xesto subir os nosos arquivos ao noso disco duro virtual desde o noso smartphone, ademais de visualizar as imaxes ou arquivos que teñamos subido previamente.
Nome da aplicación: Skydrive
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3 ou superior
Desenvolvedor: Microsoft
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply