Analizamos o TV SK-1F, un set up box baseado en Android

Como sabedes, con certa asiduidade imos analizando no blogue novos dispositivos Android, case sempre smartphones e tablets, mais hoxe traémosvos un dispositivo totalmente diferente, o TV SK-1F.
Trátase dun set up box, é dicir, unha caixa coa que podemos actualizar a nosa televisión para disfrutar de moito máis contido, exprimindo o xugo que pode dar unha pantalla de televisión.
Baseado en Android 2.3.5 (Gingerbread), a SK-1F conta cun procesador Cortex A8 a 1 GHz, 512 MB de memoria RAM, 4 GB de memoria interna, conectividade WiFi e a través de LAN (conector RJ-45, directo ao router), 2 portos USB, HDMI, saída de audio, saída AV, soporte para tarxetas SD de até 32 GBs e soporte para flash.
Na caixa atopámonos, ademais do set up box, un mando a distancia, o adaptador de corrente, un cable AV e o cable HDMI. Nós, para facer as probas do produto, decidimos empregar o cable de datos para conectar o dispositivo ao router e en vez de facer uso do mando a distancia preferimos conectarlle un rato e un teclado por USB, que desde logo resultan moito máis cómodos para manexalo. Así mesmo, fixemos a conexión coa televisión a través do cable HDMI por temas de calidade de imaxe.
A configuración inicial foi a típica que facemos cando iniciamos en calquera dispositivo Android: accedimos coa nosa conta de Google para ter acceso a todas as aplicacións relacionadas e, sobre todo, á Play Store a través da que se poden adquirir aplicacións para sacarlle aínda máis partido a este gadget.
Como podedes imaxinar, unha das funcionalidades básicas é a de servir de reprodutor multimedia, tendo soporte para música, vídeos ou imaxes que poderán estar na memoria do aparello ou noutro dispositivo externo conectado por USB ou nunha tarxeta SD.
Pero como podedes imaxinar a conexión con Internet serve para que accedamos a todo tipo de vídeo en liña, como pode ser YouTube ou outros servizos de streaming grazas a que conta con soporte para flash. Ademais, tamén podemos conectarnos para actualizar as nosas redes sociais ou para, simplemente, navegar por Internet ao noso antollo usando o navegador ou a través de aplicacións, como faríamos no noso smartphone/tablet.
A pantalla principal conta especie de dock no que se organizan as aplicacións por tipo, nas que se inclúen redes sociais, multimedia, xogos… porque, case se nos esquece: tamén podemos xogar aos nosos xogos favoritos desde a televisión 🙂
A nosa valoración do produto é positiva: consideramos que se trata dun dispositivo moi interesante e que nos ofrece por un prezo razonábel (SK DualSIM, quen nos prestou o aparello para poder facer a análise, véndeo na súa web por 120 €) acceso desde o noso televisor todo o Internet que queiramos e aplicacións Android que melloran a súa usabilidade.

Sobre o autor

One Response

  1. Armando de Cruz 3 Setembro, 2012 Responder

Reply