Around Sound: a app que evita que nos atropelen cando levamos os cascos postos

Seguro que a máis de un resúltalle familiar esta situación: ir pola rúa coa música a tope (olliño cos oídos!) nos cascos cando soa a nosa canción favorita e mirar de cruzar cando… vén un coche. Ui! Case non a cotamos!
O primeiro que debemos facer é concienciarnos de que debemos andar precavidos e mirar por onde imos e que acontece ao noso arredor. Pero se queremos ter un punto extra de seguridade podemos instalar unha aplicación no noso smartphone que nos advirta de situacións perigosas.
É o que fai Around Sound, unha aplicación que escoita o son do noso arredor e segundo as preferencias que teñamos escollido en canto ao umbral mínimo sobre o que actuar fai o que teñamos programado. E que podemos programar? Pois que nos amose unha gravación do son que escoitou, baixar o volume ou silenciar e algunha que outra cousa máis na versión de pago.
Que vos parece como ferramenta? A vós axudaríavos?
Nome da aplicación: Around Sound
Prezo: Gratuíta / 1,99 $
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: MarksThinkTank

Sobre o autor

Reply