DriveOFF: desconecta as notificacións mentres vas conducindo

Semella que esta semana estamos moi pro-seguridade viaria, logo da publicación onte dunha aplicación que axuda a que non sexamos atropelados e a que vos queremos amosar hoxe, DriveOFF, que evita as distraccións ao volante.
Non sei a vós, pero a min ponme bastante nervioso ir conducindo e escoitando o pitido constante do Whatsapp dun amigo que está aburrido e escribe a súa vida a razón de palabra por mensaxe, ou os correos, ou… calquera outra notificación.
Pois ese é o espírito de DriveOFF; a aplicación detecta cando nos movemos a máis duns 15 km/h e suspende as notificacións amosando un fondo de pantalla de espera durante todo o traxecto en movemento. Cómodo, non? Así, cando chegamos ao noso destino poderemos volver ver todas as notificacións como se nada tivera pasado.
Iso si, podedes ficar tranquilos, que se ides de pasaxeiros teredes a opción de parar a aplicación e consultar todo normalmente 🙂
Nome da aplicación: DriveOFF
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: Esure
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply