Así é a nova xeración de Kindle (pero non todas estarán dispoñíbeis en España)

Hai arredor dun ano Amazon presentou a súa propia tablet de 7 polgadas, a Kindle Fire, un produto que chega agora ao mercado nunha versión renovada xunto con 2 novos dispostivos de 7 e 8,9 polgadas: Kindle Fire HD 7 e HD 8.9.
A actualización da Fire destaca pola súa RAM, que dobra a súa capacidade até o 1 GB, un novo procesador de 1,2 GHz e maior capacidade da batería. Todo ilo fai que o rendemento sexa, segundo Amazon, un 40% maior. 
Lembremos que a Fire ten unha capacidade de 8 GB e pantalla de 7 polgadas.
En canto a dispoñibilidade, xa se pode premercar en Amazon por 159 €, aínda que non será até o 25 de outubro cando se empece a distribuír.
Fire HD 7 / Fire HD 8,9 
Para usuarios que buscan algo máis potente, Amazon presentou a gama Fire HD, que destaca sobre todo na súa pantalla HD (1280 x 800) con filtro polarizado e tecnoloxía antireflectante para contrarrestar os momentos de poñers ao sol.
En canto ao son, conta on Audio Dolby para acadar son envolvente virtual. Tamén é digno de mención a súa dobre antena WiFi para disfrutar de reproducións en streaming máis rápidas, conectividade MiMO e cámara frontal para videochamadas.
A versión de 7 polgadas pódese mercar en Amazon por 199 ou 249 €, segundo sexa a versión de 16 ou 32 GB, pero non se distribuirá até o 25 de outubro. Da outra, de 8,9 polgadas, aínda non hai información sobre a súa posíbel comercialización aquí.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Elrohir 11 Setembro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 11 Setembro, 2012 Responder
  3. Elrohir 11 Setembro, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a Iago Varela Martínez Cancelar a resposta