Samsung vén de comunicar que o Galaxy S III recibirá a súa actualización a Jelly Bean durante o próximo mes de outubro. Así, unha breve nota confirmaba a nova: O sistema operativo Android 4.1 (Jelly Bean) estará dispoñíbel no Galaxy S 3 desde outubro.
A actualización realizarase mediante OTA.
Doutra banda, se facemos caso á páxina de Samsung Suecia, o Galaxy S II estaría para recibir a mesma actualización en novembro.