Se por algo brillará o próximo smartphone de LG será pola súa cámara. A lo menos é o que comenta o fabricante asíatico, quen promete a mellor cámara do mercado smartphone con 13 megapíxeles no seu Optimus G, que coñecemos durante a celebración da IFA.
Malia que nun primeiro momento se comentou que sairía ao mercado con Ice Cream Sandwich, o certo é que cando desembarque en Europa traerá Jelly Bean (4.1) actualizábel á futura nova versión de Android, Key Lime Pie.